29/7/08

Hoxe, 29 de Xullo, ás 21 horas, Asemblea Constituínte da Plataforma pola retirada do proxecto "Vigo Íntegra" en Gondomar

3 comentarios:

Unknown dijo...

Antes de nada gustaríame darvos a noraboa polo éxito acadado hoxe no auditorio, quedou ben claro o sentir unánime das persoas que alí estábamos.

Agora atreveriame a darvos un par de pequenas suxerencias para o voso blogue:

Deberiades ter unha páxina de contacto ou polo menos un apartado específico coas distintas maneiras de porse en contacto con vós: e-mail, teléfonos, ...

Podiades pensar en facer un formulario online para recoller sinaturas de xente que está fóra de Gondomar.

Hai maneiras de visualizar arquivos de distintos formatos no teu blogue, sen ter que enlazar para a súa descarga (tipo youtube)botádelle un ollo a esta páxina: http://www.scribd.com/

Un sáudo.

Plataforma "Gondomar Vive" dijo...

Hola Oscar, son Álvaro, a persoa que, en principio, está encargada do blog. Antes de decidrme por unha forma de "colgar" os archivos estiven probando varias opcións, entre elas a que ti mentas, na que por certo tiven problemas con arquivos grandes como o da memoria do proxecto "Integra". Ao final decidínme por "myotherdrive" porque era unha das poucas opcións que permitía un enlace directo ós documentos desde o blog sin ter que ir a un servidor externo e descargalos desde alí.
Polo que respecta o tema da "páxina de contacto" tes toda a razón. Espero que o venres ou como moito o fin de semá o tema esté resolto. Un sáudo e moitas grazas por estas suxerencias e polas que, estou seguro, farás no futuro. Canta máis xente estemos a traballar e reflexionar, moito mellor.

Unknown dijo...

Ola Álvaro:

Tes razón no dos documentos moi "pesados", deberia ter especificado que me referia aos de pouco tamaño.

É un pracer poder colaborar con vós e tede por seguro que o farei sempre que poida.

Un saúdo.

Oscar Méndez.