29/7/08

Hoxe, 29 de Xullo, ás 21 horas, Asemblea Constituínte da Plataforma pola retirada do proxecto "Vigo Íntegra" en Gondomar

26/7/08

Carta enviada ás entidades parroquiais

Estimados amigos
Estimadas amigas

Nos últimos días, conforme iamos tendo coñecemento do proxecto presentado pola COTOP denomindao Vigo Íntegra, que desde o pasado día 17 de xullo está en exposición pública, as persoas afectadas viñemos participando en diferentes reunións co propósito de unir os nosos esforzos na demanda común da retirada do proxecto.

Consideramos que sería desexable a creación dunha Plataforma veciñal integrada por persoas e entidades que unise os esforzos de todos e todas contra este proxecto. Por iso puxemos a andar unha Xestora, integrada por diversas persoas en representación das parroquias máis directamente afectadas: Couso, Peitieiros, Morgadáns, Chaín, Gondomar e Vilaza, que se comprometeu a convocar unha primeira asemblea para a constitución desa Plataforma de afectados.

A Xestora considerou ademais a importancia de que as entidades parroquias de todo o concellos se integren na Plataforma, por ese motivo acordamos contactar con todas as entidades para que estean presentes na constitución desta Plataforma e así se poidan integrar nela se o entenden conveniente, convidándoas, nese caso, a participar da Xunta Directiva da Plataforma que se cree.

A asemblea está convocada para o vindeiro martes 29 de xullo, ás 21 horas, no Auditorio Lois Tobío, e nela gustaríanos contar coa vosa presenza.

Un afectuoso saúdo.


Gondomar, 24 de xullo de 2008

A Xestora para a Plataforma pola retirada do proxecto Vigo Integra en Gondomar

17/7/08

Política Territorial somete a información pública o plan “Vigo Íntegra”

2/7/08

El gobierno de Gondomar rechaza el Plan Vigo Íntegra